 |
Quixemos vestir os nosos produtos para ocasións especiais. Para agasallo de empresa ou como detalle persoal. en datas sinaladas como Nadal ou en calquera momento para establecer un lazo de cordialidade.
Caixas de madeira, coas tapas no mesmo material ou transparentes. En varios formatos para o agasallo oportuno. Cun bo acabado, esta é unha maneira moi detallista de pechar negocios ou mostrar amizade.
O formato estrela, acompaña o produto que o noso cliente elixa con 2 copas moi elegantes, de cristal italiano, usadas para degustar a grappa no seu estado máis puro.
Envolvemos tamén os nosos produtos en bolsas de papel charón. Por último unha liña en cartón, máis informal e moi vistosa. |
|
|