galego español english
INICIO FABRICACIÓN PRODUTOS SITUACIÓN CONTACTO PARA REGALAR
PRODUTOS
.
Augavella - Orujos y Licores Augavella Selección Morriña - Orujos y Licores
A calidade dos produtos de Augavella radica nunha materia prima insuperable, os bagazos da comarca de Chantada, en plena Ribeira Sacra.

Os procesos de destilación son por medio de arrastre de vapor, obtendo un produto homoxéneo, máis suave e agradable.
 • Augardente de Bagazo | 45º  • Licor Café | 30º
Aguardiente de Orujo
 
Nítido, cristalino, de aroma afroitado e sabor con recordos a mazá. Estas son as características básicas da nosa augardente; con 45% vol. entra vigoroso.

Só ou para acompañar ao café; o que nun momento remata, tivo unha laboriosa transformación coas premisas de materia prima da Ribeira Sacra no mellor punto de conservación e a man experta da nosa xente no devir da destilación.

 

Licor Café
 

“O mellor sempre o da miña avoa” dise en cada casa.

Collemos un bo café de Xamaica, azucre e augardente dos nosos alambiques; macera nunca menos de 2 meses e a mestura é o máis profundo aroma a café co doce exacto, para que a augardente nos lembre ao final do padal que a fragrancia da uva está presente.

 • Augardente de Herbas | 30º  • Crema de Orujo | 15º
Aguardiente de Hierbas width=
 

A tradicional receita caseira onde se mestura a mellor augardente dos nosos destilados, escollida despois de severas analíticas e controis de calidade, co aroma e sabor de recoñecidas herbas; algunhas delas con propiedades medicinais.

A soas ou en compañía, cunha copa moi fría goza deste licor suave e aromático.

Crema de Licor
 

As cousas máis sinxelas con bos ingredientes preséntanse por si soas: leite, azucre e augardente configuran esta crema, sen aromas estraños, só a augardente e o leite, sinais de identidade da comarca de Chantada.

O azucre dálle un punto larpeiro e en frío un bo momento para compartir entre amigos.

 • Augardente Envellecida | 37'5º  
Aguardiente Envejecido
 
A lei da barrica fala de que unha boa augardente potencia as súas calidades no carballo. Despois de 18 anos na madeira esta augardente configurou unha equilibrada composición, madurez e densidade que o perfilan como un excelente licor en liña cun bo brandy e un espléndido cognac.
 
 • Formatos e presentacions dos nosos licores
- Botella de cristal de 20 cl.
- Botella de cristal de 70 cl.
Caixa de madeira - 2 unidades 75 cl.
.
novodesenho
Auga Vella :: Pol. Industrial Os Acibros B-1B :: Chantada 27519 (Lugo) Tfno: 982 441 900  Fax: 982 441 829