Augavella, Orujos y Licores está cimentada na tradición do seu fundador, Juán Manuel Méndez Otero, pioneiro dende mediados do século pasado no mundo dos viños, sidras e augardentes
Xa na década dos 50, o meu pai, fundador de Adegas Penouzos de Chantada, encargaba a destilación das súas augardentes aos irmáns Quintimil de Costoira, verdadeiros mestres destiladores. Eles traían os seus alambiques portátiles que alimentaban con lume directo de leña de carballo que omeu pai lles proporcionaba no seu axeitado tamaño e xusto punto de sequidade.
A pesares de prolongarse a destilación varias xornadas, comían e durmían ao lado do alambique sen descoidar un so intre a elaboración de tan prezado elixir... uns heroes! ... xamais se trabucaron, nunca estragaron unha potada.
Augavella continúa a tradición.
Juán M. Méndez Otero |